O concepto de Feira fai referencia a un mercado social, precapitalista, ou cando menos, un mercado alleo ao capitalismo financieiro; e dicir, a un capitalismo nutrido, arestora xa principalmente, polo valor xerado polo propio capital como plusvalía. O propio capital convertido en mercadoría e a consecuente desvalorización do valor de uso dos recursos.

          En Feira Imaxinaria, partimos da importancia do uso e dos protocolos de acceso a recursos como algo fundamental que constitúe incluso unha comunidade. Valor inmaterial e protocolar dos recursos materiais, en vez do seu valor especulativo e financieiro. Valor imaxinario tamén, porque as cousas remiten no seu uso, a unha serie de connnotacións persoais e afectivas que as xeolocalizan en territorios máis amplos e atravesados de persoas, pobos, comunidades e historia.

          Devolver as cousas a esa dimensión, mais tamén o proceso contrario, devolverlle aos saberes cognitivos o seu ámbito, o seu aura inmaterial e polo tanto o seu recoñecemento como valor de uso imprescindíbel nunha sociedade do coñecemento, é condición e obxectivo ao mesmo tempo de Feira Imaxinaria. Neste intersticio, é a tecnoloxía a matriz común, entre as palabras e as cousas, os corpos e a linguaxe, os protocolos e os recursos, ante a que a comunidade non pode sucumbir, senón emanciparse, de cara a unha nova noción de pobo e cidadanía na Cultura Dixital.