Seguemos a laborar na construción dun encontro, en torno á Cultura Libre na Galiza, que dé cabida ás temáticas e problemáticas nas que se envolve a cultura no S.XXI; que aporta a Sociedade da Información, os novos media, os entornos dixitais de interacción e participación á xestión e re-produción das culturas? Podemos ir alén dun capitalismo destes medios cara unha reapropiación social dos mesmos e un empoderamento dos pobos e a(s) súa(s) memoria(s) singular(es)? Adicamos Feira Imaxinaria 2015 á reflexión sobre o #coñecemento pensando no seu artellamento; entre o popular e o académico, entre a cidadanía e a aldeanía, entre o rigor e o obxectivismo científico e a creación sub-liminal de imaxinarios. Dende xa podes inscribirte nas diferentes áreas e propoñer a túa actividade!

.

 

 

1 //////  QUE É FEIRA IMAXINARIA?

Feira Imaxinaria  2015 xorde como espazo de #Coñecemento, debate e construcción  en torno a redes analóxicas e dixitais, tecnoloxías colaborativas libres e protocolos abertos cos que imaxinar e avanzar cara a novas realidades e culturas colectivas.

Baixo o concepto de feira tradicional, Feira Imaxinaria concentrará colectivos e proxectos relacionados coas Economías Alternativas, os Sistemas de Información, as Novas Territorialidades, as Artes Interactivas e outros Modelos de Institución.

Durante os cinco días a feira desenvolverase através de obradoiros-workshop, palestras, debates e presentacións, postos de venda ou informativos, instalacións e performances. Consulta o programa con todas as propostas e participa colaborativamente no desenvolvemento do evento inscribíndote através dos formularios.

O concepto de Feira fai referencia a un mercado social, precapitalista, ou cando menos, un mercado alleo ao capitalismo financieiro; e dicir, a un capitalismo nutrido, arestora xa principalmente, polo valor xerado polo propio capital como plusvalía. O propio capital convertido en mercadoría e a consecuente desvalorización do valor de uso dos recursos.

En Feira Imaxinaria, partimos da importancia do uso e dos protocolos de acceso a recursos como algo fundamental que constitúe incluso unha comunidade. Valor inmaterial e protocolar dos recursos materiais, en vez do seu valor especulativo e financieiro. Valor imaxinario tamén, porque as cousas remiten no seu uso, a unha serie de connnotacións persoais e afectivas que as xeolocalizan en territorios máis amplos e atravesados de persoas, pobos, comunidades e historia.

Devolver as cousas a esa dimensión, mais tamén o proceso contrario, devolverlle aos saberes cognitivos o seu ámbito, o seu aura inmaterial e polo tanto o seu recoñecemento como valor de uso imprescindíble nunha sociedade do coñecemento, é condición e obxectivo ao mesmo tempo de Feira Imaxinaria. Neste intersticio, é a tecnoloxía a matriz común, entre as palabras e as cousas, os corpos e a linguaxe, os protocolos e os recursos, ante a que a comunidade non pode sucumbir, senón emanciparse, de cara a unha nova noción de pobo e cidadanía na Cultura Dixital.

VI FEIRA IMAXINARIA  #FI2015 _ Nigrán 2, 3 Setembro.  e Vigo 4, 5, 6 Setembro.

  • FEIRA IMAXINARIA chega á súa sexta edición acollendo a persoas e organizacións autónomas conectadas en todo o territorio rexional da #Galiza e o #NortePortugal.
  • Como cada ano discorre no espazo vigués #Alg-aLab (Valadares) e se suma o espazo nigranés #CasaColorida, acollendo persoas, coletivos e proxectos que se van encontrar arredor de vivencias, acampada, xantares,  rodas de conversas, debates, festa, mostra cultural e artes interactivas, escénica, musical, audiovisual, obradoiros, e mercado de autoedición editorial, todos eles no ámbito da #CulturaLibre  e nun encontro que da cabida cabida ás temáticas e problemáticas nas que se envolve a cultura no S.XXI; que aporta a Sociedade da Información, os novos media, os entornos dixitais de interacción e participación á xestión e re-produción das culturas. ¿Podemos ir alén dun capitalismo destes medios cara unha reapropiación social dos mesmos e un empoderamento dos pobos e as súas memorias singulares?
  • Este evento reivindica unha forma de organización aberta, distribuída e horizontal de xeito que a programación se vai construindo a través de propostas libres por medio de ferramentas horizontais facilitadas polo equipo de coordinación do Grupo Galiza Imaxinaria #GZi
  • Esta edición está enmarcada no #Coñecemento como eixo artellador do encontro e pensando o seu artellamento entre o popular e o académico, entre a cidadanía e a aldeanía, entre o rigor e o obxectivismo científico e a creación de imaxinarios e os seus procesos de visualización, creación e intercambio dese coñecemento para a posible creación dun Sistema de Estudos Independentes (SEI), dentro da cual o grupo de traballo e facilitación de GZi apresentará unha serie de Ferramentas, alén da propia Feira Imaxinaria,  que van sendo construidas de xeito colaborativo durante todo o ano para o seu uso libre.

Para favorecer a chamada á participación, partes  dalgunhas ideas que poderían suscitar algunha proposta que se poida sumar ao encontro: #SaberPopular versus #SaberAcadémico ; #Aldeanía versus #Cidadanía.

Fortalecendo a autoxestión e o seu aprendizaxe, a Fi2015 2 e 3 de Setembro,  acollerá os Cursos de Xestión Cultural e Curso de Comunicación 2.0 con introdución teórica e iniciación nas ferramentas de coordinación e autoxestión baixo a metodoloxía de universidade libre. Quen participe dos cursos,os días 2 e 3  setembro no espazo autoxestionado Casa Colorida (Nigrán) terá a posibilidade de facer as prácticas e integrarse no equipo de produción da Fi2015 que discorrerá os días 4, 5 e 6 no espazo Alga – Lab en Valadares (Vigo).

Feira Imaxinaria 2015,  terá lugar Galiza nas localidades de Nigrán 2, 3 Setembro e Vigo 4, 5, 6 Setembro.

Este ano, baixo os conceptos de “Feira tradicional” e “Coñecemento”, os COLETIVOS e PROXECTOS INSCRITOS ate agora dentro dos nodos  de Economías Alternativas, os Sistemas de Información (Techs), as Novas Territorialidades, os Procesos Interactivos e Outros Modelos de Institución. foron xerando o seguinte:   Enlace programación Fi’2015

 

 

2 ////// PRESENTACIÓN DE NODOS

  • Economias Alternativas
  • Artes Interactivas
  • Sistemas de Información
  • Novas Territorialidades
  • Outras Institucionalidades

 

3 ///// PRESENTACIÓN INTRODUCIÓN DAS FERRAMENTAS QUE ABRE/DISPÓN GZi

  • cooperativa.imaxinaria
  • feira.imaxinaria
  • rede.imaxinaria
  • S.E.I. imaxinaria
  • moeda social GZI

 

4 /////// PROTOCOLO DE MOEDA SOCIAL

 

A Comunidade Imaxinaria ven ao longo deste ano traballando en pro dunha economía máis equitativa e xusta colaborando no desenvolvemento e fortalecendo o ecosistema plantexado pola FairCoop, basado nun sistema monetario descentralizado, construido e sostido entre iguais e polo tanto máis xusto dentro dos valores de revolución integral, ética hacker e filosofía P2P.

 

Na FI2015 haberá un equipo permanente de facilitación de toda esta información e das tecnoloxías que farán posible pagar productos de consumo e outros servizos coa criptomoeda social chamada FairCoin, acreditando con este apoio e colaboración que poderemos facer posible a transición de cara a un novo mundo, reducindo as desigualdades económicas e sociais entre as persoas e ao mesmo tempo contribuir e soster outro paradigma de riqueza global accesible a toda a humanidade baixo as formas do procomún.

Para as/os usuarias/os, a primeira vantaxe deste pago en Faircoins é obter os produtos de Feira Imaxinaria a un prezo máis económico en GZI que en EUR (en torno a un 25% máis económico) e a satisfación e estímulo de que co uso desta moeda se estárá a consolidar un ecosistema económico máis xusto.

 

https://fair.coop/

 

5 ////// QUEN ORGANIZA?

Rede GZi:

  • Alg-a Lab
  • Casa Colorida
  • Montenoso
  • Proxecto Derriba
  • Axouxere Editora
  • Ergosfera
  • Universidade Cromática
  • A Praça
  • Sede Porto

GZi é unha comunidade de persoas e espazos autónomos que construen colaborativamente ferramentas, aplicativos comúns, encontros, narrativa e propostas de cara a facilitar o desenvolvemento da Cultura Libre no territorio galego.

 

6 ////// QUEN PARTICIPA na FI’2015?

COMUNIDADE GALIZA IMAXINARIA

ALGA LAB

CASA COLORIDA

MONTENOSO

ERGOSFERA

PROXECTO DERRIBA

AXOUXERE EDITORA

UNIVERSIDADE CROMÁTICA

SARAMAGANTA

AGO DIDACTICA

TRÓCOCHO

RADIO PIRATONA

CARLOS SUAREZ

ALBA GRANDE

RAQUEL QUEIZÁS

SILVIA TOMÁS

ASOCIACION CULTURAL AS ANGUSTIAS_Nigrán

CENTRO CULTURAL E VECIÑAL DE VALADARES