PirateBox.
Comparte Libremente

Un sistema offline ao que te podes conectar durante a Feira para subir e descargar arquivos, documentación, ver imaxes, videos, etc.

Monta o teu PirateBox!
O PirateBox (Caixa Pirata!) instalado en Feira ten coma obxectivo que todxs xs asistentes poidamos acceder a arquivos de documentación específicos sobre os eventos que estarán a acontecer, mais tamén permitirá que poidas subir os teus propios contidos, reflexións, ideas, textos, imaxes ou videos tomados durante Fi'2015.
PirateBox?

Inspirada pela Radio Pirata e pelo movimento de Cultura Libre, PirateBox é un sistema móbil autónomo de colaboración e compartillamento de arquivos. PirateBox utiliza Software Libre Open Source (FLOSS), para crear compartillamento de arquivos através de wifi, onde xs usuárixs poden compartillar anónimamente imaxes, videos, audios, documentos e outros contidos dixitais.

PirateBox foi desenvolvido para ser seguro e estábel. Non é necesário login ou rexistro, e ningún dato dx usuarix é mantido. O sistema non se conecta a internet, para evitar que a rede sexa rastrexada e así preservar a privacidade dxs usuarixs e das informacións transmitidas.

PirateBox ten licencia GPLv3.

 
Conéctate!

Para acceder ao PirateBox durante Feira so tes que procurar a rede Wifi "PirateBox - Fi'2015" e conectarte a ela.

Listo! Agora abre o teu navegador e escribe calqueira dirección, por exemplo "imaxinaria.org", e verás como se abre a pantalla de PirateBox cunha mensaxe de benvida.

Aí mesmo poderás deixar mensaxes a outrxs participantes, ver os contidos compartidos e subir o que queiras!

Enche o espazo de imaxinación, comparte as túas reflexións nun documento de texto, ideas, vontades, coñecementos, fotos, audios mp3 ou videos...