PageLines-Logo_Feira-Imaxinaria-2014_web.png
Feira Imaxinaria Contemporánea artéllase en torno a diferentes nodos de innovación e desenvolvemento, que pretenden profundizar en diversas áreas da Cultura Libre e Dixital de cara a esclarecer novas cuestións que os atinxen e o xeito de implementalas; ben dende o aspecto máis local e práctico posíbel até o seu aspecto máis global e conectado.

Son áreas temáticas que tomarán forma através de actividades tipo obradoiro, presentación, mesa de debate, performance, etc. dende as cales deixar un poso o máis útil posíbel para visitantes e participantes.

As áreas ou nodos que conformarán esta Feira Imaxinaria son:
 

artesInt

Espazo de mostra e desenvolvemento para arquitecturas, poéticas, performance, instalaciones interactivas. Live sets e entornos visuais e sonoros de interacción.

SistInf

Unha posta en común de novas plataformas que estamos a xerar para comunicarnos, ferramentas para mellorar a nosa seguridade nas redes, sistemas de güifi, radio e televisión.

ecoAlt

Espazo de venda, compartividade, mercado social e alternativas como o decrecemento que cuestionan o monopolio do capitalismo financieiro ofrecendo novos protocolos de xeración de valor e revalorización dos recursos.

outrasInst

Pensar e pór en común outros modelos de xestión institucional ao marxe da dicotomía público e privado. O Procomún, o cooperativismo, o asociacionismo e o P2P como modelos de xestión e producción entre iguais.

novasTerr

Novas formas de afrontar o territorio, articulalo e poñelo en relación. Novos modelos e protocolos colaborativos e abertos xa non baseados na propiedade privada tradicional. Novas cartografías e mapas subxectivos.