FairCoin.
a Moeda Alternativa Internacional, tamén en Fi2015

Podes xantar e beber durante a Feira Imaxinaria usando a criptomoeda ética da FairCoop. Durante a Feira explicarémoste como, anque se tes tempo e ganas podes ir investigando ;)

Textbox Section
O FairCoin é unha moeda dixital de uso internacional baseada en Bitcoin, que promove unha economía equitativa e distribuida que basea o seu valor na colaboración entre iguais, e xestionada en comunidade fora do control dos estados e os bancos centrais.
Introducción ao FairCoin

O FairCoin é unha criptomoeda global pensada dende o local, que basea o seu desenvolvemento en principios éticos, os cales colocan ás persoas e a sustentabilidade medioambiental coma base dun novo modelo económico distribuido, lonxe dos xeitos e vicios da economía capitalista. FairCoin é coordinado por decenas de colectivos activistas en todo o mundo de xeito horizontal e transparente.

Usa FairCoins en Feira Imaxinaria!

Durante Feira poderás realizar transaccións, xantar e beber pagando con esta moeda. Durante a presentación do FairCoin, que terá lugar o venres 4 ás 16:00, facilitaremos a instalación e uso das ferramentas necesarias para que poidas usar esta moeda durante Feira e alén. Tamén poderás mudar os teus € por FairCoins.

Ademais, cada día durante o xantar e a cea haberá unha persoa dispoñible para resolver dúbidas e axudar co uso da moeda. Ben doado!

 
Como se usa unha moeda dixital nunha Feira?

Moi doado, so precisas traer o teu mobil ou tablet Android e instalarlle o teu monedeiro Dixital. Con esa app poderás pagar os xantares e na barra de Feira!

E se non teño mobil Android?

Tamén podes traer o teu portátil (seguro que en Fi2015 lle das mais usos) e instalarlle un monedeiro dixital, sexa o oficial ou o de Electrum (recomendada por ser mais doada de usar). Unha vez teñas o teu monedeiro instalado poderemos facerche unha PaperWallet (Monedeiro en papel) que servirá coma tarxeta de débito coa que poderás realizar as túas transaccións.

Se queres, antes de vir á Feira podes ir mirando info sobre como instalar o monedeiro dixital de FairCoin.

E como consigo FairCoins?

Logo de ter instalada a túa carteira dixital, podes cambiar € por Faircoins dende GetFairCoin, ou tamén durante Feira, onde haberá un punto permanente de facilitación e intercambio.

E además de en Feira, podo usar esa moeda en mais sitios?

Dende logo! é un proxecto global e en Galiza xa temos varias entidades que aceptan Faircoin (e medrando!) para obradoiros, servizos online e productos de consumo. Alén diso, xa está a piques de abrir o FairMarket, o mercado global onde poderás mercar e vender con esta moeda en todo o mundo distintos productos e servizos.