Workshop: Principios de Electrónica Sonora | Soldadura e construción dun Theremin lumínico.

Posted · Add Comment
DIY-Carlos
When:
Setembro 5, 2015 @ 11:00 a.m. – 2:00 p.m.
2015-09-05T11:00:00+02:00
2015-09-05T14:00:00+02:00
Where:
Herm3tica
Camiño Igrexa
254, 36314 Vigo, Pontevedra
España
Cost:
32 euros (ferramentas, compoñentes e placas incluidas “Theremin lumínico”) 12 matricula + 20 materiais.
Contact:
Carlos Suarez

Principios de electrónica sonora, soldadura e construción dun theremin lumínico.

Obradoiro de electrónica aplicada ao son.
Carlos Suárez

PROGRAMA
– Elementos e principios de electrónica sonora, aplicacións prácticas e creativas de potenciómetros, resistencia, diodos, optotransistores, etc.
– Aprendendo a soldar, construcción dun “theremin lumínico”. Oscilador con múltiples aplicacións creativas.
– Máis circuitos sonoros para facer…
– Sesión de improvisación colectiva e experimentación.

Que é un theremin lumínico.?
É un oscilador ou xerador de tons controlado por luz.
http://www.youtube.com/watch?v=ii5DaEazNws
A súa construción é relativamente sinxela. 3 horas aprox.

INSCRIPCIÓN WORKSHOPS.
http://feira.imaxinaria.org/obradoiro-electronica-creativa/

DESTINATARI@S
Dirixido a músicos, artistas sonoros e en xeral a xente interesada na electrónica sonora, a exploración e o DIY “faino ti mesmo”. Profesionais ou non. Non se require experiencia algunha en soldadura, nin electrónica.

DURACIÓN. 3h (+ 3h. opcional)
Aclaración; Pódese asistir ao obradoiro un só bloque de 4h, e construír o circuíto “theremin lumínico”. Ou, pódense asistir os dous bloques e construír outros circuítos sonoro mais.

HORARIO:
Sabado 5 Septembro 2015 – 11h a 14h
Domingo 6 Septembro 2015 – 11h a 14h

INSCRIPCIÓN WORKSHOPS.
http://feira.imaxinaria.org/obradoiro-electronica-creativa/

+ INFO.
obradosonex@gmail.com

CUSTE:
32€ (ferramentas, compoñentes e placas incluidas “Theremin lumínico”)
12€ matricula + 20€ materiais.

ONDE;
Alg-a Laboratório. Feira imaxinaria.
Camiño da Igrexa, 254. Valadares (Vigo)

Outros circuitos sonoros disponibles para construir.

– Pulse Sequencer.
“Pulse Sequencer” e un circuito que pode producir patróns rítmicos que van cambiando na combinación das súas 10 interruptores de tempos, e ao aumenta a frecuencia convértese nun oscilador multitímbrico.
https://www.youtube.com/watch?v=X_d9BxGD8_c

– Amplificador 386.
Potente amplificador moi útil cando se necesita un amplificador pequeno e portátil.
http://www.youtube.com/watch?v=ATy2wdES0V4

– SuperHardOn.
É un efecto preamplificador/booster que realza armónicos e dálle maior ataque aos instrumentos acústicos e electrónicos, a súa impedancia de entrada extremadamente alta fai que soe claro e fresco.
http://www.youtube.com/watch?v=IYzo_I67tuY

– Cracklebox e TactileNoise.
É un dispositivo electrónico de funcionamento a baterías capaz de xerar ruídos eléctricos. Consiste dunha pequena caixa con seis contactos de metal na parte superior que ao premelos cos dedos xera todo tipo de sons e tons inusuais. O corpo humano convértese en parte do circuíto e determina o rango de sons posibles que poderá xerar o dispositivo. Distintas persoas xerarán distintos resultados nos sons.
http://www.youtube.com/watch?v=ZSkfsy_oBHA

– Mixer 4 canais.
Mixturador pasivo de catro canais.

– 3 SubOscilador.
Oscilador triplo de baixa frecuencia, xera tres ondas de baixa frecuencia que interactuan entre elas producindo todo tipo de batidos e resonancias subgraves.

– Schmitt Beatter.
Oscilador dual amolificada controlada por luz. Crear beats e ritmos diversos e aleatorios.

– Atari Punk Console
É un circuito productor de sons, un clásico dende a súa aparición en 1980. O corazón do circuíto é un temporizador IC 556 dual e só precisa de dous controles (frecuencia do oscilador e control de lonxitude do pulso) para funcionar.
http://www.youtube.com/watch?v=kE_2sl_nyng

Prezos dos circuitos.

Cracklebox, TactileNoise. 22 € c/u
Amplificador, SuperHard. 24 € c/u
Mixer 4, Atari Punk, Pulse Sequencer. 27 € c/u
Schmitt trigger Beatter. 28 € c/u
3 SubOscilador, 32 € c/u

– Micrófonos de contacto piezoeléctricos. 9 €
Permiten grabar e escoitar sons pequeños e ocultos no interior dos obxetos, e tamén amplificar instrumentos.
http://www.youtube.com/watch?v=8ZVFKvgJQtA

– Cave Dweller Delay – IC2399. 47 € c/u
https://www.youtube.com/watch?v=Rgu7Jfpvfpo

Comments are closed.