Workshop: Democracia, Cidadanía e Participación

Posted · Add Comment
PageLines-DIY-Democracia.jpg
When:
Setembro 2, 2015 @ 7:30 p.m. – Setembro 6, 2015 @ 8:30 p.m.
2015-09-02T19:30:00+02:00
2015-09-06T20:30:00+02:00
Where:
Baixo de Pedra
Camiño Igrexa
254, 36314 Vigo, Pontevedra
España
Cost:
Free
Contact:
Miguel Marques

Creación dun acervo público na Comunidade de Veciñ@s de Valadares (Vigo) partindo dos materiais do Arquivo da Associação À Praça

A Associação à Praça ten como principal obxectivo estimular o pensamento e práticas en torno a unha visión transversal entre arte, democracia, cidadanía, filosofía, economía e tecnoloxía, que teña por obxecto o desenvolvemento integral e sustentábel das comunidades e os territorios. Durante Feira Imaxinaria 2015 @s artistas que participen no workshop terán ocasión de traballar co material xerado no Arquivo de A Praça, intervindo sobre ese material coa finalidade de crear unha exposición final a modo de Acervo público da comunidade. As organizacións promotoras crearán finalmente unha base de artistas con vocación para a creación e posta en común de metodoloxías coa comunidade co fin de replicar a experiencia durante o ano 2016 propondo asociacións a institucións públicas e privadas. Os obxectos creados pasaron a formar parte dun acervo público rexistrado con unha licenza Creative Commons Attribution 4.0 International.

Dirixido a

Artistas de todos os ámbitos que traballan a relación entre arte e creación artística, cidadanía e comunidade.

Número de participantes

Este programa de residencia aberto á participación de 5 artistas.

Ofrecemos

Durmida en lugar común (traer saco-cama), comidas e espazo de traballo.

2 de setembro

Ata 19h30. Chegada e cea de benvida.

3 de setembro

10h30 a 19h30. Visita comentada a Valladares. Visionamento de materiais do arquivo.

4, 5 de setembro

Intervención sobre os materiais.

6 de setembro

19:00 a 20:30 Presentación pública dos traballos. Compartición de metodoloxías coa comunidade.

Comments are closed.