‘VEREDEVERE’ ao vivo [por Guilherme e Bastardo]

Posted · Add Comment
logo-branco
When:
Setembro 5, 2015 @ 11:59 p.m. – Setembro 6, 2015 @ 2:00 a.m.
2015-09-05T23:59:00+02:00
2015-09-06T02:00:00+02:00
Where:
Baixo de Pedra
Camiño Igrexa
254, 36314 Vigo, Pontevedra
España
Contact:

Guilherme e Bastardo presentan o seu primeiro libro-cd ‘Veredevere’ coa arte de Ana
Varela, as ilustracións de Séchu Sende, a capa de Sausan Shami, o prólogo de Teresa Moure, e
múltiplas colaboracións de cantoras e músicos: Najla Shami, Mig Seoane, Nenoescuro, Olga Alonso, Fran Sanz, José Pons, Xavier Carreira… O resultado é un traballo autoxerido, autoeditado e distribuido de xeito autónomo a través da Editora Axóuxere.

Os materiais para a creación do libro foron madeira e papel reciclado.
Tenta ser un diálogo entre diferentes disciplinas artísticas e a natureza.
Poesía, deseño, vídeo, música e discurso crítico únense para explorar as tensións que existen hoxe entre tecnoloxía-primitivismo, erotismo- contención, solidariedade- liberdade… e sobretodo mostrar as posibilidades de comunicación e encontro entre os seres humanos alén dos des-informativos, a
manipulación e do hiper-consumismo das sociedades actuais.

Influencias da electrónica libertária, do rock xamánico, do post- punk e das vanguardas máis descontraídas, com raízes galegas e pólas e follas promiscuas que agroman en todas as partes do mundo. Unha celebración do carpe diem e do poder de transformación que cada persoa garda no seu inconsciente, un apelo directo ao inconformismo e a acción.

Comments are closed.