S.E.I. Sistema de Estudos Independentes | Universidade Imaxinaria

Posted · Add Comment
Captura de pantalla 2015-08-18 a la(s) 00.39.56
When:
Setembro 5, 2015 @ 5:00 p.m. – 6:30 p.m.
2015-09-05T17:00:00+02:00
2015-09-05T18:30:00+02:00
Where:
Baixo de Pedra
Camiño Igrexa
254, 36314 Vigo, Pontevedra
España
Cost:
Free
Contact:
Coop Imaxinaria

 

Presentación do Sistema de Estudos Independentes | Universidade Imaxinaria.

Proxecto desenvolvido pola Coop. Imaxinaria, que funciona a modo de prototipo de sistematización do coñecemento, vencellando espazos físicos e dixitais así como produtor@s e usuari@s nun marco común de recursos compartidos en código aberto, mobilidade e certificación aberta e distribuida entre Galiza e o norte de Portugal. Os obxectivos deste proxecto son:

Xerar un sistema de acceso libre ao coñecemento, de natureza rizomatica, replicable e escalable dende o ambito local ao interrexional e ao global, establecendo un lugar central de participación e decisión inclusiva, democrática e cidadá.
Xerar un ecosistema de coñecemento que atenda a un cambio de paradigma cognitivo: o novo papel d@ usuari@ na produción de coñecemento, através das licencias de uso compartido e o código aberto, alen da propia acumulacion de saber.
Poñer en practica novos modelos de certificación do coñecemento, que se apliquen bidireccionalmente entre @s facilitador@s e usuari@s, fornecendo unha comprensión horizontal máis xusta nas relacións formativas.
Mapear e visualizar os diversos espazos e colectivos da Eurorrexion, interconectando os lugares físicos mediante protocolos comuns de mobilidade, economías e uso dos recursos.
Facilitar o acceso ao coñecemento, baixo licencias libres e licencias de uso de propiedade intelectual colectiva e protocolizada, que permitan un acceso contínuo e distribuido aos mesmos baixo o paraugas e garantía do SEI.
Implementar tecnoloxías desenvoltas mediante código libre e aberto, enfocadas ao empoderamento da usuaria fronte ás tecnoloxías corporativas de consumo.
Revalorizar o carácter local e rexional das tecnoloxías, atendendo ao territorio cos seus recursos e ás persoas coas súas necesidades: interconectar os espazos físicos e dixitais nunha mesma matriz de produción de coñecemento no que ámbalas dúas dimensións (o virtual e o material) se complementan.
Poñer en contacto o saber Académico cos coñecementos emerxentes das novas tecnoloxías dixitais e sociais, as tecnoloxías da información e a comunicación, a programación creativa, o prototipado e en xeral a innovación social do coñecemento, o “faino ti mesmo” (Do It Yourself ou DIY), a visualización e transparencia de datos.
Articular a relación directa entre a creación de coñecemento e o empoderamento das comunidades coma xeradoras do mesmo.
Capacitar/sensibilizar ás institucións públicas para o traballo en beneficio do procomún, mediante relacións abertas específicas que permitan xerar, dende o diálogo directo, un hackeo do sistema de formación convencional.
Facer da Eurorrexión GZ/Portugal un referente internacional no que atende a I+D+i de coñecemento, mediante un Sistema de Estudos que aboga ao mesmo tempo pola tecnoloxía así como pola sustentabilidade social e territorial que a soporta.

Comments are closed.