Feira Imaxinaria 2015 abre inscripcións para 4 PLAZAS DE RESIDENCIA CULTURAL no CURSO de COMUNICACIÓN 2.0 que se impartirá os días 2 e 3 de setembro na Casa Colorida (Nigrán). Aquelas persoas que participen dos cursos, terán a posibilidade de facer as prácticas e integrarse no equipo de comunicación da Fi2015 que discorrerá os días 4, 5 e 6 no espazo Alga – Lab en Valadares (Vigo).

A residencia Cultural ofrece hospedaxe completa en cuarto compartido durante os dous días de curso mais os tres días de desenvolvemento da FI2015. A cobertura da residencia contempla: almorzo, comida e cea, desplazamentos ata o espazo da Fi2015 e algunhas ferramentas tecnolóxicas (ainda que se recomenda traer o material tecnolóxico propio).

Flyer-Workshop-comm-Feira

ESTRUCTURA DO CURSO

O curso de Comunicación 2.0 vai orientado a empoderar ás persoas na capacidade de dar cobertura comunicativa de eventos; esta edición está pensada para conformar un equípo básico de persoas que traballarán colectivamente a comunicación en Faira Imaxinaria 2015.

As diversas frontes que poden ser asumidos dentro deste equipo de comunicación son os seguintes:

  • Documentación fotográfica e de video: Reportaxe gráfica e entrevistas. Procesado e publicación en Redes Sociais.
  • Comunicación en tempo real en Redes Sociais (Facebook, Twitter, Rede Imaxinaria): Seguimento en directo das actividades principais da Fi2015
  • Streaming de video online en directo.

Anque as frontes poden ser asumidas colaborativamente e seren rotativas durante a Feira, pode haber preferencias por parte dos participantes de asumir certas dende o principio. De ser así, definiremos iso durante o curso.

Mércores 2 setembro:

  • Introducións teóricas aos principios e metodoloxías e ferramentas de comunicación colaborativa que han ser empregadas en Fi2015.
  • Preparación en tecnoloxías audiovisuais; a escoller: Obradoiro de iniciación á documentación audiovisual / Obradoiro de comunicación en Redes sociais / streaming.

Xoves 3 setembro:

  • Iniciación e prácticas nas ferramentas de comunicación da Fi015.
  • Deseño coletivo da axenda de abordaxe das prácticas dos residentes culturais para aplicar no desenvolvemento da Fi015 os tres días seguintes ao curso.

Este curso se desenvolverá baixo a metodoloxía de universidade libre coa facilitación do equipo coordinador da Fi015, mais onde comprendemos que “todos somos maestros e todos somos aprendices”.

As 4 prazas do Curso de Comunicación 2.0 son gratuítas, e as inscripcións terán que realizarse antes do día 30 de Agosto ás 12:00h

Inscripción

 

Verificación de Seguridade