Feira Imaxinaria 2015 abre inscripcións para 4 PLAZAS DE RESIDENCIA CULTURAL no CURSO de AUTOXESTION CULTURAL que se impartirá os días 2 e 3 de setembro na Casa Colorida (Nigrán). Aquelas persoas que participen dos cursos, terán a posibilidade de facer as prácticas e integrarse no equipo de produción da Fi2015 que discorrerá os días 4, 5 e 6 no espazo Alga – Lab en Valadares (Vigo).

A residencia Cultural ofrece hospedaxe completa en cuarto compartido durante os dous días de curso mais os tres días de desenvolvemento da FI2015. A cobertura da residencia contempla: almorzo, comida e cea, desplazamentos ata o espazo da Fi2015 e algunhas ferramentas tecnolóxicas (ainda que se recomenda traer o material tecnolóxico propio).

Flyer-Workshop-Xestion-Feira

ESTRUCTURA DO CURSO

Mércores 2 setembro:

16h-17h. Introducións teóricas aos principios e metodoloxías de autoxestión.
17h-18h. Mostra das ferramentas deseñadas para autoxestión da FI015.
18h-20h. Exercicio coletivo para escolla de liña de colaboración segundo capacidades e preferencias do residente cultural.

Xoves 3 setembro:

16h-19h. Iniciación e prácticas nas ferramentas de coordinación e autoxestión da Fi015.
19h-20h. Deseño coletivo da axenda de abordaxe das prácticas dos residentes culturais para aplicar no desenvolvemento da Fi015 os tres días seguintes ao curso.

Este curso se desenvolverá baixo a metodoloxía de universidade libre coa facilitación do equipo coordinador da Fi015, mais onde comprendemos que “todos somos maestros e todos somos aprendices”.

As 4 prazas do Curso de Autoxestión Cultural son gratuítas, e as inscripcións terán que realizarse antes do día 30 de Agosto ás 12:00h

Inscripción

 

Verificación de Seguridade