Arquitecturas Colectivas Galiza foi o encontro correspondente ó ano 2013 da rede Arquitecturas Colectivas que aconteceu na parroquia de Valadares (Vigo) do 11 ó 14 de setembro. En esencia, consistiu nun espazo de debate, de relación e de intercambio de coñecemento e experiencias en torno a construción social do hábitat, é dicir, o deseño do espazo físico no que desenvolvemos as nosas vidas dende unha óptica da participación e implicación da cidadanía. O encontro servíu tamén para a posta en común de problemáticas e oportunidades da realidade territorial na que se celebran, neste caso Galicia.

AACC Galiza foi de asistencia libre, previa inscrición, e foi dirixido a calquera colectivo ou persoa que estea interesada nestas cuestións. Así mesmo, calquera puido participar da definición do programa do encontro mediante a proposta de actividades específicas, no formato que considerase oportuno: palestras, mesas de traballo, intervencións, roteiros, etc.

Propuxemos pois unha temática ampla, integral, que abarque diferentes aspectos/ámbitos baixo unha mesma idea: “O bó vivir, oportunidades para a emancipación e a vida digna” *, para que puidera ter unha utilidade real tanto para os colectivos como para a sociedade. *O ‘buen vivir’, ese concepto que pode parecer difuso ou ‘líquido’ pero que, como forma de orientar as políticas públicas está xa en novos sistemas políticos.